RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Traballada vitoria do Deportivo sobre o Numancia

var ivPlayer1678992 = new IVPlayer("320", "240",true, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1678992.playVideo('player1678992', 'LFP08-09_j6_deportivo1-numancia0_05-1

Miguel Anxo Lotina tentou refrescar ao equipo apenas tres días despois da malleira física e psicolóxica de Copa da UEFA ante o Brann. Fixo Aranzubia en portaría, Manuel Pablo entrou por Adrián López no lateral dereito. Continuaron Lopo e Colotto no centro da zaga e Filipe no carril zurdo. Os pivotes foron para Sergio, que repetiu, e Juan Rodríguez, que relevou a Antonio Tomás. As bandas quedáronllas Pablo Álvarez, que entrou no equipo por Valerón; e Gardado, que fixo o propio con Riki. Na mediapunta actuou Lafita, que ante os noruegueses actuou cayend0ou á dereita; e na punta de ataque repetiu Omar Bravo.

Moi pronto o Dépor abriu a lata. Lafita peitea un balón que se coa pola escuadra de Juan Pablo. Non pasara o primeiro cuarto de hora de partido. Pouco despois, Pablo Álvarez, con molestias musculares, viuse obrigado a deixar o partido. Riki entrou no seu lugar e situouse na esquerda, desprazando a Gardado á banda dereita.

Precisamente Riki, que demostrou moitas ganas, puido marcar nunha xogada similar ao gol. Foi a segunda gran oportunidade do partido para o Deportivo. Pouco despois, no minuto 22, púidoo facer o Numancia nunha xogada ensaiada ao saque dunha falta que Palacios empala en semifallo na área pequena. Aranzubía tivo que enviar a saque de esquina.

Case no descanso, contragolpe perfecto do Deportivo. Recibe Omar Bravo desprazado á esquerda, cambio de orientación a Gardado, un par de caracoleos do mexicano e pase a Riki escorado á dereita. O centro chute do madrileño paséase sen atopar rematador por diante da portaría soriana.

Na segunda metade, Mista relevou a Omar Bravo, que realizara un gran traballo de desgaste no primeiro tempo. Riki puido marcar na primeira xogada de ataque deportivista. Unha acción crave no desenvolvemento do partido, segundo manifestou Miguel Anxo Lotina na segunda metade. O madrileño recolleu un centro pasado e plantouse diante da meta Juan Pablo, pero o seu remate foise lixeiramente desviado.

Pouco despois, Sergio xuta demasiado alto unha boa incorporación ao ataque do pivote deportivista. A réplica veu a continuación. Do Piñeiro cóase entre a defensa deportivista ao recibir un balón en longo. A volea do atacante numantino foise lixeiramente alta.

O Deportivo cedeu o terreo ao Numancia, que apertou os dentes e foise cara arriba, coñecedor do desgaste físico que sufriu o seu rival o pasado xoves. Barkero tivo nas súas botas a igualada cunha espectacular volea ao segundo pau que se foi lixeiramente alta. Corría o minuto 73 de partido.

A partir de aí, o equipo coruñés foise botando atrás e o Numancia levou o dominio do xogo. Tivo as súas opcións, sobre todo en xogadas a balón parado, pero finalmente o tres puntos quedan na Coruña.