RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballada vitoria do Fabril sobre un batallador CD Barco

O Fabril impúxose (2-1) hoxe domingo en Abegondo a un dos equipos da zona alta, o CD Barco, en choque correspondente á 10ª xornada en Tercera RFEF.

No filial masculino a boa noticia da semana foi a convocatoria do coruñés Dani Barcia, aínda en idade xuvenil e titular hoxe, para disputar coa selección española sub-19 o Mini torneo clasificatorio para o Campionato de Europa en Luxemburgo. Por este motivo, o canteirán será baixa segura a próxima fin de semana do 13 ou 14 de novembro ante o Alondras CF en Cangas do Morrazo.

O partido comezou con dominio do balón do Fabril aínda que, iso si, sen crear excesivo perigo á meta do CD Barco. No entanto, ao fío do descanso, neses momentos nos que ningún adestrador quere sustos na súa portería, Runy puxo en vantaxe aos de Óscar Gilsanz. Quizais foi a primeira oportunidade meridiana de marcar no que levaba de partido.

Tralo descanso o CD Barco saíu a polo empate e logrouno no minuto 52. Volta a empezar para o Fabril.

Óscar Gilsanz empezou a mover o seu banco, decisión que sería clave para o devir do encontro. Fabio, aos poucos segundos de entrar ao campo, puxo de novo en vantaxe ao Fabril. Corría o minuto 70.

A partir de aí moito control do conxunto branquiazul e nova exhibición de solidez.

Con este resultado, o Fabril suma 18 puntos e afiánzase na zona alta da clasificación.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, Dani Barcia, Currás, Barba, Brais Val, Runy, Javi Sanmartín, Yeremay e Davo. Tamén xogaron: Fabio, Iano Simao, Cambón, Nájera e Juan Rodríguez.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1