Traballo de forza, estratexia e táctica no adestramento de hoxe do primeiro equipo
O Deportivo realizó esta mañana unha nova sesión de adestramento en Abegondo, a penúltima desta semana.
Víctor Sánchez dividiu en primeiro lugar ao seu persoal en dous grupos. Así, mentres un realizaba un circuíto de forza nun dos ximnasios da cidade deportiva, o outro executaba accións de estratexia no campo número 2.
A sesión finalizou cun exercicio colectivo para todo o equipo.
Oriol Rise incorporouse ao adestramento tras superar as súas molestias nun xeonllo. Adestráronse á marxe Fabricio, Manuel Pablo, Fede Cartabia e Queijeiro, este por descanso.
Ao finalizar o adestramento, todo o persoal técnicos e empregados gozaron dun asado na nova grella construída en Abegondo para tal fin.
Mañá sábado, o primeiro equipo adestrarase de novo na cidade deportiva ás 10.00 horas.