RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA25 mai 2023

Traballo en Abegondo cos sentidos "cento por cento" en Pontevedra, en busca de "sentirnos cómodos, máis fiables"

O Dépor adestrouse de novo esta mañá en Abegondo cos sentidos "cento por cento", tal e como asegurou Lucas, no peche da liga no grupo 1º de Primera Federación, o vindeiro sábado 27 de maio ás 19:30 en Pasarón ante o Pontevedra CF (TVG-2, g24.gal e InSports.tv).

"Para nós o partido de Pontevedra é unha preparación, volver coller esas sensacións de sentirnos fortes no talón de Aquiles que tivemos durante esta temporada, que son os partidos fóra de casa", comentou o dianteiro coruñés, que desexa en Pasarón "ter boas sensacións lonxe de ABANCA-RIAZOR, sentirnos cómodos e máis fiables".

O corpo técnico insistiu esta mañá, após un quecemento, nun xogo de posición, unha tarefa de finalizacións e, para concluír, un exercicio táctico defensivo.

Co canteirán Mella no grupo, todo o cadro estivo no céspede ás ordes de Rubén de la Barrera.

Mañá venres, o Dépor volverase a adestrar en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo para o cadro a partir das 9:00.