RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Tres equipos abriron hoxe venres unha nova fin de semana de torneos para #ANOSACANTEIRA

Un equipo cadete, un alevín e Fabril FC Alevín abriron hoxe venres unha intensa fin de semana de torneos en #ANOSACANTEIRA, desde o Cadete ao Fabril FC Benxamín, pasando polo Orzán SD Infantil Feminino.

Os deportivistas compiten en Francia, Polonia, Torrelavega, Massanassa, Azpeitia, Vilagarcía, Ribadumia e Vilalonga.

Arrinca o Torneo San Bernabé para o cadete e alevín branquiazuis

Un equipo cadete e outro alevín branquiazul compiten desde hoxe venres no Torneo San Bernabé en Cantabria.

Baskauri FE, Bansander e UC Cartes son os rivais na Primeira Fase do Cadete.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, todos no campo do Malecón 1 de Torrelavega é o seguinte:

Venres 10 de xuño
CADETE 4 (Jairo -2-, Telmo e Pose) - BASKAURI FE 1

Sábado 11 de xuño
12:00: CADETE - CLUB BANSANDER
19:30: CADETE - UC CARTES

En función de clasificación, o Cadete pasará a continuación a unha Segunda Fase.

Pola súa banda, Atlético Perines, CD Inter Vista Alegre, CDE Valle Lebaniego, AD San Agustín e CD Revilla B son os rivais iniciais dos alevíns (na foto).

O calendario na Primeira Fase, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Venres 10 de xuño
DEPORTIVO 9 (Guille -3-, Gabri -2-, Antón, Javi Barral, Hugo e Esteban) - CD REVILLA B 0

Sábado 11 de xuño
10:50: DEPORTIVO - CDE VALLE LEBANIEGO, en Tanos 1
13:30: DEPORTIVO - ATLÉTICO PERINES, en Tanos 2
16:50: DEPORTIVO - CD INTER VISTA ALEGRE, en Tanos 1
18:50: DEPORTIVO - AD SAN AGUSTÍN, en Tanos 1

Segundo clasificación, os equipos pasarán a unha Segunda Fase.

Primeiras vitorias do Fabril FC Alevín na Azpeitia Cup

Equipos da talla do Athletic Club ou do RCD Espanyol son algúns dos rivais do Fabril FC Alevín na Azpeitia Cup 2022. Esportiu Mercantil, Danena KE e Comillas CF completan o grupo 4.

Hoxe venres, os fabrilistas gañaron os seus dous partidos.

O calendario do Fabril FC Alevín na Primeira Fase é o seguinte:

Venres 10 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Thiago Montes) - COMILLAS CF 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Nico Torres) - DANENA KE 0

Sábado 11 de xuño
11:00: RCD ESPANYOL - FABRIL FC ALEVÍN
18:00: ATHLETIC CLUB - FABRIL FC ALEVÍN
19:00: CLUB ESPORTIU MERCANTIL - FABRIL FC ALEVÍN

Os dous primeiros de grupo pelexarán polo título mentres que o resto xogará unha fase de consolación, todo iso o domingo 12 de xuño.

O campión galego cadete acode mañá sábado 11 a un torneo no campo da Pelada (Vilagarcía)

O Cadete, flamante campión galego esta temporada, acode mañá sábado 11 a un torneo que se desenvolve no campo da Pelada en Vilagarcía de Arousa.

ED Arousa e Pontevedra CF serán os rivais iniciais dos pupilos de Darío Cotelo.

O calendario é o seguinte:

12:00: DEPORTIVO - PONTEVEDRA CF
16:00: ED AROUSA - DEPORTIVO

Os dous primeiros pasarán a semifinais, que arrancan ás 17:40; mentres que o terceiro pelexará polo quinto e sexto posto ás 19:20.

O Infantil xoga a II Copa Ribadumia Clae Viajes

O Infantil participa esta fin de semana na II edición da Copa Ribadumia Clae Viajes que se xogará nas instalacións deportivas da Senra en Ribadumia.

O equipo branquiazul quedou encadrado no grupo F co Barakaldo CF, SD Burela, Gil Vicente FC e Pontevedra CF.

O calendario branquiazul é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 11 de xuño
11:30: INFANTIL - BARAKALDO CF
13:00: INFANTIL - SD BURELA
17:00: INFANTIL - GIL VICENTE FC
19:00: INFANTIL - PONTEVEDRA CF

O domingo 12, os dous mellores do grupo e os dous mellores terceiros dos 6 grupos accederán a oitavos de final. O resto xogará unha Fase de Consolación.

Primeiro torneo para o Orzán SD Infantil Feminino, o sábado 11 en Vilalonga

O Orzán SD Infantil Feminino, campión galego, disputa a I edición do Trofeo San Pedro, no campo homónimo en Vilalonga e no do Revel en Sanxenxo. Será unha competición mixta, con equipos masculinos e femininos.

O cadro orzanista quedou emparellado no grupo 2 co UD Santamariña, SD Villestro e Villalonga FC.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
10:20: VILLALONGA FC - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO
12:20: SD VILLESTRO - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO
13:40: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - UD SANTAMARIÑA

Os dous primeiros e os dous mellores terceiros accederán a cuartos de final a partir das 16:30; mentres que o peor terceiro e os cuartos xogarán unha Fase de Consolación.

O Tournoi International Guerlédan (Francia), exame para os infantís do Club

Un conxunto infantil do Dépor integra o cartel do Tournoi International Guerlédan no pobo francés de Guerlédan (Bretaña).

O calendario dos deportivistas na Primeira Fase, con sete rivais franceses, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 11 de xuño
9:18: DEPORTIVO - FC TOULON
10:30: DEPORTIVO - FC 93 BOBIGNY
11:24: DEPORTIVO - EA LA TESSOUALLE
14:24: DEPORTIVO - US PERROS LOUANNEC
15:36: DEPORTIVO - PLOUZANÉ AC
16:48: DEPORTIVO - FC LORIENT
18:00: DEPORTIVO - GJ LE SOURN SAINT THURIAU

En función de clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha segunda fase.

O Alevín A desprázase á localidade valenciana de Massanassa

O Alevín A viaxa á localidade valenciana de Massanassa para participar na XVI edición do Torneo Tifut.

Villarreal CF, Elche CF e CDB Massanassa son os rivais dos branquiazuis na Primeira Fase, que ten este calendario:

Sábado 11 de xuño
11:20: ELCHE CF - ALEVÍN A
13:00: ALEVÍN A - VILLARREAL CF
17:50: ALEVÍN A - CDB MASSANASSA

Segundo clasificación, os equipos emparéllanse en cuartos de final, que comezarán ás 18:40 horas.

O Benxamín A, á Sokolik Cup de Polonia

O Benxamín A vivirá unha nova experiencia esta fin de semana en Europa, concretamente en Polonia, coa Sokolik Cup 2022, que se disputa na localidade de Stary Sącz, ao sur do país.

O equipo deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C co FC Midtjylland danés, o ŠK Slovan Bratislava eslovaco, o FK RFS Riga letón e os polacos WKS Śląsk Wrocław e AP Talent Warszawa.

O calendario inicial de partidos do Benxamín A é o seguinte:

Sábado 11 de xuño
8:00: BENXAMÍN A - FC MIDTJYLLAND
9:00: BENXAMÍN A - ŠK SLOVAN BRATISLAVA
10:00: BENXAMÍN A - FK RFS RIGA
11:00: BENXAMÍN A - AP TALENT WARSZAWA
12:00: BENXAMÍN A - WKS ŚLĄSK WROCŁAW

Os dous primeiros de grupo xogarán a Fase de Ouro; e o resto, por clasificación, pelexarán polas posicións finais na segunda fase.

O Fabril FC Benxamín cambia Alemaña por Francia

Se a pasada fin de semana o Fabril FC Benxamín xogou dous torneos na cidade alemá de Colonia, en leste viaxa a Francia para xogar a Pitchoun's Cup 2022, prestixioso torneo que se xoga na localidade de Luynes (Centre-Val de Loire).

O KV Kortrijk belga, o Manchester City FC inglés, o Racing FC Union Lëtzebuerg luxemburgués e os franceses AS Saint-Priest, Burel FC, Olympique Rovenain e SC Briard son os rivais dos fabrilistas no grupo 2, con este calendario:

Sábado 11 de xuño
9:34: FABRIL FC BENXAMÍN - KV KORTRIJK
10:42: MANCHESTER CITY FC - FABRIL FC BENXAMÍN
11:50: FABRIL FC BENXAMÍN - BUREL FC
13:49: RACING FC UNION LËTZEBUERG - FABRIL FC BENXAMÍN
15:14: FABRIL FC BENXAMÍN - OLYMPIQUE ROVENAIN
16:39: SC BRIARD - FABRIL FC BENXAMÍN

Segundo clasificación, os equipos pasarán despois a unha segunda fase.