Tres partidos de #ANOSACANTEIRA mañá sábado, con Fabril e Xuvenil B en Abegondo
Tres equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido mañá sábado, dous deles en Abegondo:
O Fabril mídese ao Bergantiños CF de Segunda RFEF (11:00, campo 4); e o Xuvenil B ao CD Calasanz (10:00 horas, campo 5).
O filial branquiazul encara este novo choque con moitas baixas. Están lesionados Martín Ochoa, Davo, Álex Pereira, Tim, Mella e Ríos; mentres que Jairo e Yeremay entraron na convocatoria do Deportivo para disputar mañá sábado ás 20:30 a LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera ante o FC Metalist Kharkiv de Ucraína.
Ademais estréase en pretemporada mañá sábado (10:30 horas) o San Tirso SD cadete ante o Bertamiráns FC no campo do equipo santiagués. Para o domingo queda o debut estival do Dépor ABANCA B en Ribadumia ante o Umia CF da súa mesma categoría, Primeira Nacional.
O Xuvenil A arrancou hoxe venres 12 de agosto no Estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín ante o conxunto dezano, de Primeira Autonómica, unha nova fin de semana de amigables para #ANOSACANTEIRA.
O partido foi entretido e cun tempo para cada equipo. O CD Lalín foise ao descanso con 3-0 pero os branquiazuis igualaron na segunda parte con goles de Hugo, Baldomar e Garaboa.
Foi a cuarta cita para os pupilos de Manuel Pablo nesta pretemporada trala derrota ante o Real Madrid CF (0-4) e os empates ante CSD Arzúa (2-2) e UD Paiosaco (1-1), estes dous últimos equipos de Tercera RFEF.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Tercera RFEF FABRIL 1 (Jairo) - UD SOMOZAS 0 FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o sábado 13 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 4)
Categoría feminina UMIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 14 de agosto ás 11:00 no campo da Bouza (Barrantes, Ribadumia)
Categoría xuvenil XUVENIL A 1 (Garaboa) - UD PAIOSACO 1 CD LALÍN, de Primeira Autonómica 3 - XUVENIL A 3 (Hugo, Baldomar e Garaboa)
SAN TIRSO SD, de Preferente Autonómica 2 - XUVENIL B 1 (David Domínguez) XUVENIL B - CD CALASANZ A, o sábado 13 de agosto ás 10:00 en Abegondo