Un total de 3 partidos dispútanse esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, todos eles o domingo 8.
Destaca o partido do Deportivo ABANCA B en Abegondo ante o CD Bovedana a partir das 12:30.
As branquiazuis, igualadas co Sárdoma CF, son segundas clasificadas en Tercera Federación a 2 puntos do líder, o Olímpico de León.
Tamén xogan en casa o Orzán SD Sub-21, líder da Primera Autonómica, ante o SR Calo (18:00 en San Pedro de Visma) e o Orzán SD Xuvenil ante o SCD Pastoriza (16:30 na Torre) cos dous colíderes da Segunda Autonómica fronte a fronte.
Xa poderá xogar Dunia Dahmouni ben co filial ou ben co Orzán SD Sub-21 posto que xa está de regreso despois de participar en dous partidos amigables de Marrocos sub-20 ante Costa do Marfil.
Descansa esta fin de semana o Orzán SD Cadete, cuxo partido correspondente a esta xornada na Liga Galega ante o Racing de Ferrol trasládase ao sábado 21 ou domingo 22 de decembro.
Na mesma situación están o Orzán SD Infantil A e Orzán SD Infantil B con motivo da 10ª xornada da Liga Galega infantil, que se traslada ao sábado 21 ou domingo 22 de decembro.
Finalmente, hoxe mércores as orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande, Daniela Macedo, Alba Santamarina e Sofía Rodríguez disputaron un amigable en Urdilde coa selección galega sub-16 ante o Victoria FC Femenino; do mesmo xeito que Alba García coa selección galega sub-14 fronte ao Victoria FC Femenino infantil.
O calendario de partidos é o seguinte:
Terceira Federación
14ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD BOVEDANA, o domingo 8 de decembro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación: 1. Olímpico de León, 33 puntos; 2. Deportivo ABANCA B e Sárdoma CF, 31 puntos; 4. CD Vila de Simancas, 30 puntos... 7. CD Bovedana, 24 puntos...
Primeira Autonómica
13ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - SR CALO, o domingo 8 de decembro ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación: 1. Orzán SD Sub-21, 32 puntos; 2. EFM Concello de Boiro, 29 puntos... 8. SR Calo, 16 puntos...
Segunda Autonómica
13ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SCD PASTORIZA, o domingo 8 de decembro ás 16:30 en La Torre (campo 2)
Clasificación: 1. SCD Pastoriza e Orzán SD Xuvenil, 29 puntos; 3. SD Tordoia, 28 puntos; 4. UD Carral e Xallas FC, 23 puntos...
Categoría cadete
Clasificación da liga Galega: 1. Orzán SD Cadete, 24 puntos; 2. Racing de Ferrol, 21 puntos; 3. Victoria CF, 18 puntos...
Categoría infantil
Clasificación da liga Galega: 1. Victoria CF, 27 puntos; 2. Orzán SD Infantil A, 24 puntos; 3. SCD Milagrosa, 21 puntos... 6. Orzán SD Infantil B, 9 puntos...
