RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Tres partidos mañá mércores en ANOSACANTEIRA, coa final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 ante o RC Celta

Mañá mércores 8 de maio teñen cita mañá 3 equipos de ANOSACANTEIRA: San Tirso SD Cadete, Benxamín A e Alevín de fútbol 11 (na foto de arquivo).

Así, o San Tirso SD Cadete, instalado na zona media da División de Honra, recibe ao CD Conxo Santiago (17:45 no Monte) en partido correspondente á xornada disputada a pasada fin de semana.

En Abegondo, o Benxamín A mídese ao Victoria CF (19:00) en encontro da 8ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 disputada a pasada fin de semana, na que o equipo branquiazul competiu na Tres Cantos Cup.

Finalmente nas Eiroas (Carballo), o Alevín enfróntase (18:00) ao RC Celta na gran final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Os branquiazuis foron campións do grupo norte con 10 partidos gañados e 1 empatado; mentres que os célticos venceron no grupo sur tamén con 10 vitorias e 1 empate.

O calendario de partidos de mañá mércores é o seguinte:

Categoría cadete
30ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - CD CONXO SANTIAGO, ás 17:45 no Monte
Clasificación da División de Honra: ... 3. CD Conxo Santiago (un partido menos), 53 puntos... 6. Salgueiriños CF, 44 puntos; 7. San Tirso SD Cadete (un partido menos), Ural Español CF e CD Lugo, 40 puntos... 10. Rápido de Bouzas e ED Xuventude de Oroso, 39 puntos; 12. CD Areosa, 36 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, final: ALEVIN - RC CELTA, ás 18:00 nas Eiroas

Categoría benxamín
8ª xornada: VICTORIA CF - BENXAMÍN A, ás 19:00 en Abegondo
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A (un partido menos), 19 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 18 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 11 puntos...