RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Tres sesións no Dépor para preparar o partido deste venres ante un Córdoba CF "en boa dinámica"

O Dépor preparará con 3 adestramentos matinais en Abegondo a visita do Córdoba CF a ABANCA-RIAZOR, prevista para este venres 7 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion, #Vamos e Fútbol 2), en partido correspondente á 30ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Os resultados da última xornada, co triunfo en Oviedo, deixaron a Os Nosos en 10ª posición da táboa con 39 puntos.

Mario Soriano admitiu a pasada fin de semana no Estadio Carlos Tartiere que "en ABANCA-RIAZOR cústanos un pouco máis. Tamén os equipos saen a protexerse máis, a defender máis".

E tamén ve ao conxunto andaluz "en boa dinámica. Collemos a todos os equipos que veñen en boa dinámica".

O futbolista madrileño desexou ante os medios de comunicación que "non se nos vinga arriba esta vitoria (de Oviedo), traballar e insistir".

Cada día que haxa adestramento en Abegondo, o cadro almorzará e comerá xa na propia instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 5 de marzo
11:00 h.

Xoves 6 de marzo
11:00 h.

Venres 7 de marzo
11:00 h.

21:00: Deportivo - Córdoba CF, en ABANCA-RIAZOR