RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Tristán: Estou a lume de biqueira. Se me faltase algo, vouno a suplir coas enormes ganas que teño

Diego Tristán, que leva tres goles en apenas sete días, compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O dianteiro andaluz confesou descoñecer se mañá sería titular ante o Albacete, pero confirmou que está a lume de biqueira fisicamente

Diego quere facer goles en Riazor, "porque aquí sempre me sentín moi a gusto e moi querido". Á vez que reincide en que o importante é "gañar mañá. Se podemos facer goles, moito mellor. Pero é importante gañar".
Cuestionado Javier Irureta sobre a titularidade de Tristán, o técnico vasco afirmou que "vai estar no equipo seguro. Antes ou despois, pero seguro que mañá ten minutos". Cre Irureta que o partido ante o club manchego é importante "sobre todo porque vai concatenado co do Liverpool. Gañando mañá teremos unha dose de confianza extra para afrontar o que nos vén o mércores". O adestrador do Dépor confesou que o tres partidos que terá que afrontar o equipo neste seis días -Albacete, Liverpool e Barcelona, este último no Camp Nou-, motivará que teña que rotar futbolistas: "Non teño futbolistas tan fortes fisicamente para aguantar co mesmo equipo este tres choques".
Por fin, Jorge Andrade, tamén na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol', cre que mañá o importante é gañar e desexou que "o Albacete veña tamén a xogar ao fútbol". Para o internacional portugués, "o equipo está centrado só no partido de mañá. O resto xa haberá tempo para pensar", concluíu.