RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Tristán: Son dos que penso que oxalá puidésemos xogar todos os partidos en Riazor

Ao finalizar a sesión de adestramento de hoxe, Diego Tristán compareceu na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. -Acaban de saír publicadas unhas declaracións súas nas que afirma que se non se lle quere, mellor marcharse. -Creo qu

-Que lle parece a renovación de Caparrós?
-Importante porque creo que el está a gusto aquí e iso é moi bo.

-Segue pensando en buscar unha saída, como parece que di o seu axente?
-A estas alturas non. Estou a xogar e teño continuidade.

-E se marca goles en Vigo, todo xa esquecido.
-Home o Celta é un equipo que se me deu bastante ben. Eu teño moitos amigos alí: Pinto, Perera e Fernando Vázquez, co que debutei en Primeira División. Pero no campo logo hai que dalo todo polo Deportivo, que é o meu club.

-Di Gustavo López que se considera antideportivista. Vostede é anticeltista?
-Creo que ser anti-algo, neste caso anticeltista, non vai comigo nin co fútbol. Eu primeiro penso no meu equipo, que é o único que nos debe preocupar.