O duelo entre o San Tirso SD Cadete (na foto inferior) e o Cadete (foto principal da noticia) na zona alta da División de Honra abriu o calendario de partidos de ANOSACANTEIRA.
O partido, xogado no Monte, caeu para os branquiazuis por 0-1 cun tanto de Gabri aos 48 minutos de partido.
Con este resultado, o Cadete lidera a táboa con 24 puntos por 13 os 'verdes', situados na 3ª posición á espera de que xoguen o resto de rivais os seus partidos desta xornada.
Por outra banda, o derbi de veciños entre o Fabril, líder da Segunda Federación, e o Bergantiños CF, 4º con 18, previsto para o domingo 9 de novembro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) é o partido da fin de semana.
Os fabrilistas, a pesar de caer derrotados en Ourense, mantéñense á fronte da táboa porque os seus perseguidores tampouco foron capaces de gañar: Oviedo Vetusta, Bergantiños CF e Gimnástica Segoviana CF empataron en casa; mentres que o Real Ávila caeu en Sarria.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até este xoves 6 de novembro ás 23:59 h.
A partir dese momento, se houbese localidades aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Completa a xornada do domingo 9 no campo Arsenio Iglesias o encontro entre o Xuvenil A e o TSK Roces que arrincará ás 15:45.
E en Os Regos (Oleiros) o Fabril FC Benxamín mídese ás 12:00 á Santa Cruz CF.
Antes, o sábado 8 de novembro dispútanse o resto de partidos.
En casa o Xuvenil B, segundo na Liga Nacional, enfróntase ao AJ Lérez (12:30).
Como visitantes compiten o resto de equipos de ANOSACANTEIRA: o Infantil na Coruña ante o Ural Español CF (16:00), o San Tirso SD Infantil en Ourense ante o Pabellón CF (19:00), o Alevín A na Torre ante o Victoria CF (9.30), o Fabril FC Alevín en Carballo ante o ED Luis Calvo (12:30) e o Benxamín A na Torre ante o Victoria CF (11:30).
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
10ª xornada: FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o domingo 9 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Fabril e Oviedo Vetusta, 19 puntos; 3. Gimnástica Segoviana CF e Bergantiños CF, 18 puntos; 5. CD Numancia de Soria e Real Ávila CF, 17 puntos...
Categoría xuvenil
8ª xornada: XUVENIL A - TSK ROCES, o domingo 9 de novembro ás 15:45 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 17 puntos; 2. Sporting de Gijón, 15 puntos; 3. Xuvenil A, 14 puntos; 4. TSK Roces e Real Oviedo, 12 puntos...
10ª xornada: XUVENIL B - AJ LÉREZ, o sábado 8 de novembro ás 12:30 no Dépor Training Center (campo de céspede artificial)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 27 puntos; 2. Xuvenil B, 25 puntos; 3. Coruxo FC, 19 puntos... 14. AJ Lérez, 7 puntos...
Categoría cadete
8ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 0 - CADETE 1 (Gabri)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (un partido máis), 24 puntos; 2. RC Celta, 19 puntos; 3. San Tirso SD Cadete (un partido máis) e Arosa SC, 13 puntos; 5. Ural Español CF, Victoria CF, Escola de Fútbol DSF e CD Lugo, 10 puntos...
Categoría infantil
8ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - INFANTIL, o sábado 8 de novembro ás 16:00 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma)
8ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 8 de novembro ás 19:00 en Os Remedios (campo Miguel Ángel)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 21 puntos; 2. RC Celta, 19 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 18 puntos; 4. San Tirso SD Infantil, 14 puntos; 5. AJ Lérez e CD Lugo, 13 puntos... 13. Pabellón Ourense CF, 5 puntos... 15. Ural Español CF, 4 puntos...
Categoría alevín
7ª xornada: VICTORIA CF - ALEVÍN A, o sábado 8 de novembro ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
7ª xornada: ED LUÍS CALVO - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 8 de novembro ás 12:30 no Anexo As Eiroas (Carballo)
Clasificación de Primera Futgal A Coruña: 1. Fabril FC Alevín e Alevín A, 15 puntos; 3. Ural Español CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Victoria CF, CD Calasanz e ED Luis Calvo Sanz, 13 puntos...
Categoría benxamín
7ª xornada: VICTORIA CF - BENXAMÍN A, o sábado 8 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
7ª xornada: SANTA CRUZ CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o domingo 9 de novembro ás 12:00 no campo Leonardo Maceiras (Os Regos)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 18 puntos; 2. CD Calasanz, 16 puntos; 3. Ural Español CF e Santa Cruz CF, 13 puntos; 5. Fabril FC Benxamín e Atlético Coruña Montañeros CF, 12 puntos; 7. ED Luis Calvo Sanz e Sada CF, 10 puntos... 10. Victoria CF, 8 puntos...
