RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL FC

Triunfo do Fabril FC Benxamín en Arteixo para concluír 2023

O Fabril FC Benxamín pechou o ano 2023 con triunfo ante o Atlético Arteixo (0-9), en partido correspondente á 9ª xornada no subgrupo 2º da Primera A Coruña de fútbol 8.

Leo Galván -3-, Martín Martelo -2-, César Leire, Joel Losada, Nico Castro e David Santiago foron os goleadores fabrilistas en Ponte dos Brozos.

Con este resultado, o equipo de Alberto Bonigno é líder con 27 puntos, por 18 do ED Luis Calvo Sanz, 2º clasificado.

Fabril FC Benxamín: Samuel Fernández, David Santiago, Pablo Couso, Martín Martelo, Martín Coronel, César Leire e Nico Castro. Tamén xogaron: Gael Fernández, Leo Galván e Leo Barro.

O próximo 14 de xaneiro de 2024 o Fabril FC Benxamín retoma a liga coa súa visita ao Sada CF. Antes, concretamente este sábado 23 de decembro, o cadro fabrilista disputará un torneo en Cuntis.

Os resultados do Fabril FC Benxamín en liga son os seguintes:

Fabril FC Benxamín 7 (Joel Losada -3-, Martín Coronel, Nico Castro, Martín Martelo e Leo Galván) - Sada CF 0
San Tirso SD 0 - Fabril FC Benxamín 2 (Joel Losada e Martín Coronel)
Fabril FC Benxamín 8 (Leo Galván -2-, Nico Castro -2-, Joel Losada -2-, Martín Coronel e Martín Martelo) - Sporting Cambre 2
Santa Cruz CF 1 - Fabril FC Benxamín 2 (Nico Castro -2-)
Fabril FC Benxamín 6 (Martín Martelo -2-, Leo Galván -2-, Martín Coronel e Nico Castro) - Betanzos CF 2
Olímpico CF 0 - Fabril FC Benxamín 7 (Leo Galván -3-, Martín Coronel -2-, Nico Castro e David Santiago)
ED Luis Calvo Sanz 0 - Fabril FC Benxamín (Leo Galván e Martín Martelo)
Fabril FC Benxamín 3 (Joel Losada -2- e Martín Martelo) - UD Carral 0
Atlético Arteixo 0 - Fabril FC Benxamín 9 (Leo Galván -3-, Martín Martelo -2-, César Leire, Joel Losada, Nico Castro e David Santiago)