Xornada reducida en ANOSACANTEIRA feminina posto que hai parón ligueiro esta fin de semana para o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación; e para os dous equipos infantís na Liga Galega.
Se a pasada fin de semana o Dépor ABANCA visitaba ao Madrid CFF en Liga F, a quenda este domingo 15 para os filiais, ás 16:00 no Estadio Antiguo Canódromo.
As madrileñas avantaxan en 2 puntos na clasificación da zona media da Segunda Federación ás deportivistas, que chegan co impulso da vitoria da pasada fin de semana no Dépor Training Center ante o Real Racing Club.
O filial deportivista poderá contar con Paula Novo e Redru, convocadas tamén por Fran Alonso para o choque de Liga F do primeiro equipo este sábado 14 en ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC.
Ademais, as canteirás Redru e Lucía Rivas incorpóranse este luns 16 a uns adestramentos coa selección española sub-19 na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
Completa a xornada do domingo 15 o partido do Orzán SD Xuvenil ante a SCD Pastoriza (19:00, Municipal de Pastoriza) co obxectivo de saír dos postos de perigo da Primera Autonómica.
Así pois, este sábado 14 xogouse un único encontro: o Orzán SD Cadete, líder do grupo 1º da Liga Galega, gañou en San Pedro de Visma 1 (4-0) ao Sporting Cambre.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
18ª xornada: MADRID CFF B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 15 de febreiro ás 16:00 no Estadio Antigo Canódromo
Primera Autonómica
18ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 15 de febreiro ás 19:00 no Municipal de Pastoriza
Liga Galega cadete
16ª xornada: ORZÁN SD CADETE 4 (Lorena Anastase, Alba García -2- e Aldara Ferreira) - SPORTING CAMBRE 0
