RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Trofeo Grupo Nordés: O Deportivo faise co trofeo

O Deportivo impúxose por dous goles a cero ao Girondins e levouse o Trofeo Grupo Nordés. Nun encontro disputado, no que Irureta dió minutos aos menos rodados, os goles chegaron ao final do encontro, primeiro Changui e logo Pandiani nas postrimerías, sente

O encontro, con escaso público nas bancadas, permitiu ver algúns detalles dos xogadores deportivistas así como a evolución dos que acaban de incorporarse tras as súas lesións. Amavisca gozou dunha ocasión ao final do primeiro período e os deportivistas buscaron a porta rival sen fortuna. O colexiado expulsou a Sahnoun ao final do primeiro período por reincidir nas faltas. Ao final do primeiro tempo cero a cero.

O perigo francés púxoo sobre todo Dugarry e Paulo Miranda.

Os equipos formaron de inicio con Roux, Afanou, Roche, Dhorasoo, Grenet, Sahnoun, Basto, Battles, Dugarry, Miranda e Sánchez polo Girondins. Como suplentes: Jemmali, Dionisio, Alicarte, Coudovel, Faget e Kossonogov.


Polo Deportivo: Nuno, Héctor, César, Hélder, Capdevila, Duscher, Emerson, Scaloni, Fran, Pandiani e Amavisca. Suplentes: César Sampaio, Changui, Jaime, José Manuel, Donato, David Pirri e Dani Mallo. No segundo tempo entraron Jaime, José Manuel, Pirri, Donato, Changui e Dani Mallo, este último moi ovacionado polo público coruñés. Nos minutos finais entraría Sampaio.


Nunha segunda parte con moitos cambios en ambos os equipos, o Deportivo impuxo o seu xogo e o equipo francés apenas puido crear ocasións. Changui, tras un sensacional pase de David Pirri, quedaba só diante do porteiro rival e picaba o esférico, conseguindo adiantar ao Deportivo no marcador a escasos minutos do final.


Xa co tempo case cumprido Pandiani plantábase en soltario na área do equipo Frances e de tiro raso ao primeiro pau marcaba o segundo e definitivo tanto.