O colexiado castelán leonés Javier Turienzo Álvarez será o encargado de dirixir o encontro que Deportivo e Valencia disputarán en Riazor o sábado a partir do nove da noite.
O árbitro estará auxiliado nas bandas por Ignacio Fidalgo Trapote e Francisco J Muñoz Fernández actuando como cuarto árbitro Jesús Bastos Martínez.
Turienzo Álvarez só dirixiu ao Deportivo nunha ocasión na presente campaña, no partido Real Madrid - Deportivo no que os branquiazuis perderon por 3-0.