O Celta de Vigo perdeu o encontro de ida da Copa da UEFA co Lausanne por tres goles a dous. Kuzba e Mazzoni (en dúas ocasións) foron os goleadores suízos nun partido no que os de Víctor Fernández chegaron a perder por tres a cero.
Revivo e Karpin, este último de penalti, foron os goleadores celestes, co que conseguiron unha derrota pola mínima.