RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Últimas prazas para viaxar co Deportivo a Almería

O Real Club Deportivo e Viaxes O Corte Inglés ofertan aos afeccionados que o desexen unha viaxe co equipo para animar aos xogadores branquiazuis en e Estadio dos Xogos Mediterráneos, este domingo ás 17.00 horas.

A saída do avión será ás 17.30 horas do sábado 12 de decembro desde o Aeroporto da Coruña e o regreso tras o partido, tamén ao Aeroporto coruñés, con chegada prevista ás 22.35 horas.

O prezo será de 325 euros en habitación dobre e 375 euros en habitación individual e incluirá viaxe, noite de hotel no NH Cidade de Almería e entrada ao partido. Os interesados deben pasar ANTES DE MAÑÁ VENRES Ás 19.00 HORAS pola Axencia de viaxes oficial do Club, O Corte Inglés (Avenida de Rubine), ou ben chamar ao teléfono 981261020 (Antonio Barros).