Un circuíto de forza endurece a sesión matinal do Dépor
O Deportivo completou esta mañá as primeiras dúas horas de adestramento previstas para hoxe mércores, á espera doutras tantas esta tarde a partir das 18:00 horas.
Manuel Pombo, após un quecemento, deseñou un circuíto de forza que endureceu o adestramento matinal.
Con balón, Fernando Vázquez dispuxo uns rondos, unha tarefa de posesión e un partido a metade de campo 2 para concluír.
Fede Cartabia, con permiso do Club, non se adestrou. Ademais, Somma alternou tarefas co grupo e co readaptador Fran Molano; mentres que Uche e Mujaid tamén se adestraron á marxe.
O cadro branquiazul regresará de novo a Abegondo esta tarde a partir das 18:00 horas.