RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Un Dépor, consciente que "a competencia é parte do fútbol", retoma os adestramentos con todo o cadro no céspede

Despois do día de descanso de onte martes, o Dépor comezou a preparar a visita deste sábado 7 de setembro ao Granada CF (16:15, LaLiga Hypermotion) con todos os seus futbolistas sobre o céspede. 

Tan só Sergio Escudero realizou unha parte da sesión co readaptador Fernando Rodríguez, como parte do seu plan de incorporación progresiva.

No seu presentacion, Mohamed Bouldini lembra que "a competencia é parte do fútbol. Estamos todos aquí para axudar. Imos loitar todos por un obxectivo".

Despois de debutar o pasado domingo ante o Racing de Ferrol en ABANCA-RIAZOR, o novo dianteiro deportivista ve ao equipo "moi ben para loitar, para gañar cada partido, competir ben". 

Imanol Idiakez dispuxo, nunha mañá nubrada con orballo e con 21º de temperatura en pleno verán, unha activación e unha tarefa de posición con porterías pequenas no campo 2; e un exercicio táctico e un partido no campo 3.

Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK