RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Un Fabril lastrado pola expulsión de Alberto no minuto 14 cae en Paiosaco

Un Fabril que xogou 76 minutos con 10 xogadores por expulsión do meta Alberto caeu (2-1) na Porta Santa ante o UD Paiosaco H. Añón. O partido corresponde á 13ª xornada no subgrupo A da Terceira División e foi aprazado no seu día por COVID-19 no conxunto larachés.

Os locais aproveitaron a temperá vermella directa ao gardameta deportivista (minuto 14) para adiantarse por dúas veces no marcador.

Tralo descanso foi superior o Fabril, que recortou diferenzas grazas a un tanto de Barba; pero quedou sen forzas e sen sorte para polo menos empatar o encontro.

Con este resultado, o filial deportivista suma 24 puntos e, con dous partidos menos, iguala ao Racing Villalbés, cuarto con idéntica puntuación e tamén dous encontros menos xogados. Terceiro na clasificación é o Polvorín FC, que alcanza os 27 puntos con dous choques que ten aínda por disputar.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Guille Bueno, Kanouté, Javi Sánchez, Barba, Adri Castro, Manu Mosquera e Boedo. Tamén xogaron: Pablo Brea, Yeremay, Pescador, Álex e Guedes.

O vindeiro sábado 13 de febreiro ás 16:30, a Fabril visita ao CD As Pontes no Poboado.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0
Fabril 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD Somozas 0
UD Paiosaco H. Añón 2 - Fabril 1 (Barba)
Fabril - Silva SD, o mércores 24 de febreiro ás 19:30
CSD Arzúa - Fabril, o domingo 21 de febreiro
Fabril - Racing Villalbés, aprazado