RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Un gol de David Domínguez no minuto 90 vale tres puntos para o Xuvenil B ante o Racing de Ferrol

Traballada vitoria 'in extremis' do Xuvenil B (2-1) ante o Racing de Ferrol no regreso á competición do equipo branquiazul tralo adiamento de #ONOSODERBI ante o RC Celta B por casos de COVID no vestiario deportivista.

Un gol de David Domínguez no minuto 90 supuxo os tres puntos para o conxunto que prepara Miguel Figueira neste choque correspondente á 22ª xornada. Antes, o Racing adiantouse no marcador aos 27 de partido e David López asinou a provisional igualada aos 35 minutos.

Este marcador deixa ao Xuvenil B líder da categoría con 53 puntos por 49 puntos do segundo clasificado, o RC Celta B, que ten un partido menos xogado.

Xuvenil B: Rodrigo, Álvaro Otero, Ogando, Rubén, Monteagudo, Carlos, Mardones, Montero, David López, Marco Baña e Álex Delgado. Tamén xogaron: Noah, Adrián Lombao, David Domínguez e David Carreira.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao CD Lugo B.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Ural Español CF B 0 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado)
Xuvenil B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED Val Miñor B 0
Porriño Industrial CF 1 - Xuvenil B 2 (Kevin -2-)
Xuvenil B 1 (Álvaro Mardones) - RC Celta B 0
Racing de Ferrol 1 - Xuvenil B 3 (Álex Delgado, David Domínguez e Carreira)
Xuvenil B 6 (Álex Delgado -2-, Ogando, Kevin, Nico e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2
Bergantiños CF 1 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado)
Xuvenil B 0 - CD Choco 1
CD Conxo Santiago 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Rubén, Álvaro Mardones, Ogando e Kevin) - Coruxo FC 1
Pabellón Ourense CF 2 - Xuvenil B 2 (Rubén e Adrián Lombao)
Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Montero) - CD Areosa 1
Xuvenil B 1 (David López) - Racing Villalbés 0
Colegio Hogar SR 1 - Xuvenil B 2 (Nico e David López)
Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Ogando) - Arosa SC 0
CD Calasanz 2 - Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Álex Delgado)
Xuvenil B 3 (Noah, Álvaro Otero e David López) - Alondras CF 1
Xuvenil B 6 (Ogando, Álex Delgado -2-, Montero, David López e Kevin) - Ural Español CF B 0
ED Val Miñor Nigrán B 1 - Xuvenil B 3 (Kevin -2- e Álex Delgado)
Xuvenil B 3 (Ogando, Nico e Kevin) - Porriño Industrial FC 1
RC Celta B - Xuvenil B, aprazado
Xuvenil B 2 (David López e David Domínguez) - Racing de Ferrol 1