RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Un gol ilegal de Perotti priva ao Deportivo de sumar en Sevilla

var ivPlayer698341 = new IVPlayer("350", "285",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer698341.playVideo('player698341', 'LFP0809_j37_sevilla1-deportivo0_23-05-2

Tras os resultados da xornada, o Dépor suma agora 57 puntos e é sétimo clasificado, a dous da sexta praza que xoga a Valencia, aínda que o golaverage particular entre os dous equipos é favorable aos ches. Para ser sexto e lograr o billete europeo, o Deportivo deberá gañar ao Barcelona e esperar a derrota da Valencia, sen opcións xa de Liga de Campións, en Mestalla ante o Athletic Club, que xa non se xoga nada. A quinta praza é xa inalcanzable pois o Vilarreal suma 62 puntos, a cinco puntos do Deportivo pero con só tres en xogo.

O Sevilla converteuse este ano na besta negra do Deportivo. Primeiro eliminouno da Copa do Rei; logo, o equipo de Manolo Jiménez caeu en semifinais de Copa ante o Athletic Club, co que a terceira praza de UEFA que podía recaer na sétima posición da liga se os finalistas de Copa (Barça e Sevilla) xogasen xa a liga de Campións, recaeu no Athletic polo seu pase á final; e por último gañou os dous partidos de Liga, en Riazor cun xogador menos e remontando un 1-0 e esta noite cun tanto de Perotti ilegal no último minuto.

O partido tivo unha primeira metade moi igualada, ata tal punto que a posesión foi de 50% para os dous equipos. Houbo poucas oportunidades nas dúas portarías. A dúas máis claras foron do Sevilla. Primeiro un remate de cabeza de Duscher que enviou a saque de esquina Aranzubía; e posteriormente un remate forzado de Luís Fabiano que rozou o pau esquerda da meta deportivista. O dianteiro brasileiro recolleu unha pelota no centro do campo tras un fallo na entrega do Deportivo e, tras sortear a varios rivais, disparou fóra por pouco.

Tras o descanso, apertou o Sevilla, que necesitaba a vitoria para asegurarse matematicamente a terceira praza e sufriu o Deportivo. Aí volveu emerxer a figura de Aranzubía, que sacou dúas mans prodixiosas a senllos remates dos atacantes sevillistas. Nunha delas, un remate de Luís Fabiano á cepa do poste, o porteiro vasco do Dépor axudouse do pau dereito para evitar o gol. Foron minutos de abafo ata que de novo o Deportivo volveu recuperar a pelota. Lotina contribuíu cos cambios ao entrar Riki por Bodipo; e sobre todo Valerón por un canso Verdú.

Cando parecía que o Deportivo, que xa avisara nun par de remates de Riki, podía dar a sorpresa, chegou o tanto ilegal de Perotti que nunca debeu de ser válido. O partido non deu para máis e finalizou con festa no Estadio Sánchez Pizjuán por unha vitoria que xa ninguén esperaba.


Deportivo: Aranzubía; Manuel Pablo, Lopo, Zé Castro, Filipe Luís; Sergio, Juan Rodríguez; Pablo Álvarez (Lafita, m. 67), Verdú (Valerón, m. 77), Gardado; e Bodipo (Riki, m. 62).

Gol: 1-0, M. 90: Perotti.

Árbitro: Carlos Clos Gómez (Comité Aragonés). Amoestou a Bodipo e Juan Rodríguez por parte do Deportivo.