Un hat trick de Makaay reafirma ao Deportivo no liderado
O Deportivo imponse por tres goles a un á Real Sociedade nun partido no que os de Toshack adiantáronse nos minutos iniciais. Makaay encargouse de asinar o tres tantos branquiazuis, sentenciando o encontro.
A Real comezou con moitas ganas e isto traduciuse nun gol moi madrugador. Xabi Alonso anotou un magnífico chute desde 20 metros e mandou o balón lonxe do alcance de Molina. Antes o Deportivo tan só puxo a proba a Alberto cun disparo de Makaay. Tras o gol De Pedro dispuxo doutra ocasión de perigo para Molina. A afección non deixou de animar en Riazor e aos poucos o Deportivo foise facendo co control do balón tras os minutos iniciais da Real. Así, no 35, Makaay atopouse de costas cun balón que lle enviou de cabeza Amavisca, dáse a volta e engancha un excelente remate ante Kvarme, que non fai nada. Era a igualada branquiazul. Desde ese momento e ata o final do primeiro tempo, os visitantes non renunciaron a marcar e Molina salvou dous perigosos saques de esquina directos a porta de De Pedro.
No segundo tempo a Real continuou con moita forza e ganas buscando un novo gol. Con todo, perdoou demasiado. Quen non perdoou foi o Deportivo que aproveitaba calquera ocasión para pór en aprietos a Alberto. Makaay encargouse de sentenciar o partido. Nos primeiros minutos do segundo período chegaría o segundo gol, do holandés, en dous tempos: o primeiro topou cun defensa e no rexeite probou e sorriulle a fortuna. Desde ese momento o Deportivo xogou máis cómodo, coa Real envorcada ao ataque e os deportivistas aproveitando os contragolpes sobre todo pola velocidade de Makaay. E chegou o terceiro, de cabeza. Tras unha perfecta combinación entre Valerón e Emerson, que centra ao segundo pau e aí engancha Roy Makaay o seu hat trick antes de ser substituído por Diego Tristán ovacionado polo público. Desde ese momento Amavisca e Tristán puxeron en aprietos á meta vasco, pero os de Toshack non renunciaron ao gol, buscando a portaría de Molina con ganas.
O Depor saíu de inicio con Molina, César, Mauro, Capdevila, Sergio (Emerson ), Víctor, Hélder, Héctor, Djalminha, Amavisca e Makaay.
Pola Real Saíron Alberto, Kvarme, Aranzabal, Alonso, Luiz Alberto, Tayfun, De Pedro, López Rekarte, Idiakez, Khokhlov e Jankauskas.