RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Unha lesión muscular frea a Andrea Sierra

Unha lesión muscular no recto anterior da súa perna dereita freou a Andrea Sierra de cara ao último partido de liga no grupo norte de Reto Iberdrola este sábado 28 de maio ás 19:00 horas ante o Atlético de Madrid B.

A futbolista branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.