RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Unha pena nas antípodas

O R.C. Deportivo xa ten unha pena nas antípodas de Galicia. Gerardo Casas preside desde hoxe a pena deportivista Koala Blue, na cidade australiana de Sydney.

A secretaria é Ana María López. O Deportivo tiña ata a data penas en Alemaña, Bélxica, Suíza, Venezuela, Estados Unidos, Inglaterra, México, Brasil, Francia e Holanda, pero ningunha nas antípodas. Unha agrupación branquiazul máis que súmase ás máis de 270 existentes e que demostran que a familia deportivista segue crecendo en todo o mundo.