RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Unha representación do Calasancio de Monforte visitou esta mañá Abegondo

Unha representación do Calasancio de Monforte, encabezada polo seu Presidente Juan Carlos Pérez, visitó esta mañana as instalacións do Deportivo en Abegondo.

O conxunto monfortino ten asinado un convenio de colaboración co Dépor, por esta tempada e dúas campañas máis.

Ademais de departir co Presidente Tino Fernández e o Conselleiro responsable da área Deportiva, Fernando Vidal, os representantes do club monfortino puideron charlar cos responsables da canteira deportivista e con Víctor Sánchez do Amo, técnico do primeiro equipo.

Ao final houbo foto conxunta na sala de prensa, co tres futbolistas que, procedentes do Calasancio, xogan actualmente nas categorías inferiores do Deportivo: Iago (Fabril), Ramón (Xuvenil A) e Dani (Cadete B).