RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Valerón e Pablo Álvarez adéstranse con normalidade na volta ao traballo do Deportivo

Valerón e Pablo Álvarez exercitáronse co grupo con total normalidade na primeira sesión de adestramento do Deportivo tras as vacacións de Nadal. Foi un adestramento curto, de apenas unha hora de duración.

Estiveron ausentes con permiso ata o sábado 30 de decembro Estoyanoff, Taborda, Coloccini, Duscher, Bodipo e Filipe. Iago e Barragán participaron no amigable da Selección Galega e Riazor e Arbeloa estivo co seu equipo autonómico, Aragón.
Mañá venres 29 de decembro haberá unha dobre sesión de adestramento, a matinal arrincará ás 10.30 horas. O sábado 30 tamén haberá traballo mañá e tarde e o domingo 31 unicamente de mañá. Caparrós dará descanso o domingo pola tarde e o luns 1 de xaneiro de 2007, para retomar os adestramentos o martes día 2 de xaneiro.