RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón, Sergio, Romeu e Tristán, ao Mundial

O seleccionador nacional, José Antonio Camacho, facilitou este mediodía a lista de 23 xogadores convocados por conxunto español para o Mundial de Corea e Xapón. Catro deportivistas están no grupo.

Valerón, Sergio, Romeu e Tristán son o catro xogadores branquiazuis chamados por Camacho que este mércores se concentrarán en Xerez ata o luns e que despois viaxarán a Corea para preparar in situ o Mundial.

A lista complétana Cañizares, Casillas, Ricardo, Puyol, Juanfran, Helguera, Xavi, Hierro, Nadal, Curro Torres, Mendieta, Baralla, De Pedro, Albelda, Joaquín, Luís Enrique, Raúl, Morientes e Luque.