RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Viaxe de regreso esta noite e traballo o luns para Os Nosos

Concluído o partido no Cerro del Espino ante o CF Rayo Majadahonda, Os Nosos emprenden viaxe de regreso por estrada á Coruña.

Imanol Idiakez concedeu mañá domingo xornada de descanso ao seu cadro. O Dépor volve aos adestramentos o luns 25 de marzo na Cidade Deportiva ás 11:00, con almorzo previo xa na instalación para futbolistas e técnicos a partir das 8:30.

A próxima cita para o equipo deportivista no grupo 1º de Primera Federación será o sábado 30 de marzo ás 16:00 (FEF TV) na Ciudad Deportiva Dani Jarque en Sant Adrià de Besòs (Barcelona) ante a UE Cornellà, en partido correspondente á 30ª xornada.