RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Viaxe por estrada do Dépor ABANCA á 'final' de Logroño

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 13 de maio por estrada a Logroño para a 'final' ante o DUX Logroño na Ciudad del Fútbol de Pradoviejo (domingo 14 ás 12:00, en directo pola canle de YouTube e a APP do RC Deportivo), na última xornada de Primera Federación Iberdrola.

Esa xornada de sábado non haberá actividade no campo para As Nosas. Unicamente está prevista unha sesión de vídeo ás 10:00 na Cidade Deportiva antes de subirse ao autocar.

O regreso á Coruña será nada máis concluír o encontro ante as rioxanas.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Sábado 13 de maio
10:00: Sesión de vídeo en Abegondo
10:45: Saída do autocar con parada a comer en Vega de Valcarce
18:30 (horario aproximado): Chegada ao hotel Zenit Logroño

Domingo 14 de maio
12:00: DUX Logroño - Deportivo ABANCA, na Ciudad del Fútbol de Pradoviejo
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña