RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Víctor Fernández leva a 19 futbolistas a Valencia

Tras o adestramento desta tarde en Abegondo, Víctor Fernández leva 19 futbolistas a Valencia, para medirse mañana venres 9 de xaneiro (20.45, Gol T e Canle + Liga) ao Levante no estadio Cidade de Valencia.

O dianteiro Oriol Rise, fichado esta semana, é a novidade nunha lista á que tamén regresan Laure e Sidnei por Postiga, Salomão e Fariña.

O próximo adestramento do equipo será o sábado 10 de xaneiro ás 11.00 en Abegondo.. 

O plan de viaxe do Deportivo é o seguinte:

Venres 9 de xaneiro
10.00: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino Valencia
11.30: Chegada aproximada ao Aeroporto de Valencia e aloxamento no hotel Tryp Oceanic
20.45: Levante - Deportivo, no Ciudat de Valencia
Ao finalizar o encontro, regreso en voo chárter de Valencia con destino Santiago

Sábado 10 de xaneiro
1.30: Chegada aproximada a Santiago