RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Víctor García traspasado ao Real Valladolid

O Real Club Deportivo, o Real Valladolid e Víctor García Raja chegaron a un acordo para o traspaso do centrocampista branquiazul ao equipo castelán. Víctor García xogou a pasada temporada no filial deportivista, chegando a debutar co primeiro equipo no partido de Copa do Rei na Romareda ante o Real Zaragoza.

O Deportivo quere agradecer a Víctor o seu traballo durante a súa etapa en Abegondo e desexarlle éxitos profesionais e persoais no seu futuro.