Víctor: O Dépor é de Primeira e ten que seguir sendo de Primeira
Víctor Fernández manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo que "temos que ser conscientes de quiénes somos e dónde estamos. Se un sabe quién é e dónde está nestes momentos, todo
O técnico deportivista insiste en que "o sete últimos clasificados temos moitísimas dificultades para gañar, sen excepción. Non logramos gañar partidos porque se non,non estariamos entre o sete últimos, estariamos entre o sete primeiros. O Dépor non está á marxe deste grupo de sete equipos. Pero temos capacidade, temos vontade. Estamos a ofrecer fútbol suficiente para alcanzar bos resultados. Mañá si que é un partido moi importante, dunha transcendencia decisiva, sobre todo no aspecto anímico para romper este refacho da que vimos".
Pola súa banda, José Rodríguez compareceu tamén ante os medios informativos tras confirmarse onte a súa convocatoria pola Selección Española Sub-21. "Moi contento porque era unha das cousas que quería facer", manifestou o centrocampista branquiazul.
Iso si, matiza que non é un partido "definitivo. Se conseguimos a vitoria non imos alcanzar xa o obxectivo da salvación. Porque somos un dese sete equipos aos que é moi difícil gañar partidos. Pero si que sería un momento moi oportuno para conseguir a vitoria".
Habitual nas convocatorias das categorías inferiores da selección, conta que a súa última experiencia como internacional foi no Campionato de Europa Sub-19, no que ademais foi o capitán. "Era unha das cousas que máis ilusión me facía este ano. Onte fíxome moitísima ilusión", confesa.
Agora ben, asegura ter a cabeza centrada no partido de mañá domingo (12.00 horas) en Riazor: "A miña cabeza só pensa no Espanyol. O primeiro é o partido de mañá, que é súper importante".