
Víctor Sánchez: Conseguimos o obxectivo e regalámosllo á nosa afección
Víctor Sánchez do Amo explicó na sala de prensa do Madrigal que a idea do Deportivo esta tarde ante o Vilarreal era "esperar moi compactos para saír logo ao contraataque. Desa maneira conseguimos pechar o partido".
Lembra ademais o técnico deportivista que "con esa fortuna que non nos acompañou durante boa parte da segunda volta, hoxe o balón pegou no pau e saíu".
Engade Víctor que o Dépor " fixo un bo partido e moi contentos cos xogadores. O esforzo tivo a súa recompensa. Dámoslles as grazas pola gran tempada que fixeron, que foi moi difícil ".
Agora si, subliña que " conseguimos o obxectivo con esta vitoria de hoxe e regalámosllo á nosa afección, que estaba a sufrir moitísimo con este refacho de malos resultados. Estívonos apoiando sempre".