Varios xogadores do Deportivo achegáronse este mediodía ata o Hospital Materno Infantil da Coruña para visitar aos nenos alí ingresados nunhas datas tan especiais. Iván, Víctor, Jaime, Turu Flores e Mauro foron os deportivistas que, acompañados polo deleg
Os xogadores departiron cos nenos e as súas familias, sacaron fotos, asinaron autógrafos e entregáronlles bandeirolas, pins e outros recordos branquiazuis. Os deportivistas visitaron tamén aos pequenos ingresados na UCI. Os nenos e non tan nenos mostráronse encantados coa visita que para moitos foi o agasallo de Reyes adiantado.
Aínda que é máis ou menos habitual a visita dos xogadores a enfermos - Songo'ou visitou hai pouco a un compatriota ingresado e Scaloni estivo cun neno enfermo cuxa familia contactou co club a través de Canaldeportivo- a presenza dos futbolistas é unha festa no Materno, aliviando a dor aos nenos durante uns minutos.