Víctor Pérez Fernández, máis coñecido como Vituco, perfilábase como a principal novidade na aliñación do Deportivo para recibir ao Tenerife. Dábase a circunstancia de que este defensa substituiría a Belló e era ademais una das perlas da canteira coruñesa,
Vituco, única novidade na aliñación HOXE, ÚLTIMO ADESTRAMENTO CORUÑÉS
Ante a visita do Tenerife, en partido que se xogará o martes, ao catro e media no Estadio Municipal de Riazor, o Deportivo celebrou onte pola mañá en Elviña, un partido de axuste, tendo como ?sparring? ao Fabril, equipo este que tamén aproveitou para prepararse con vistas ao seu enfrontamento dese mesmo día contra o Arenteiro en Carballiño.
Hoxe os branquiazuis levarán a cabo outra sesión de traballo e mañá ultimarán a súa posta a punto. Héctor Rial dará a coñecer esta mañá a lista de convocados e tamén a aliñación, aínda que polo que deixou entrever, cando onte conversamos con el, todo parece indicar que só se rexistrará a novidade de Vituco na defensa, substituíndo a Belló. En consecuencia, suponse que ante o Tenerife sairán: Buyo; Pardo, Piris, Vituco; Ballesta, Albino; Piño, García, Merlo, García Castro e Pousada.
O quince xogadores designados polo adestrador quedarán concentrados mañá ao mediodía nun hotel da praia de Santa Cristina. O partido será arbitrado por Jiménez Madrid, do Colexio Murciano.
O Tenerife vén preocupado polo empate padecido fronte ao Córdoba, no Estadio Heliodoro Rodríguez, e o seu obxectivo non é outro que o de recuperar en Riazor este punto á conta dos deportivistas, razón de máis para que os coruñeses poñan a contribución o máximo esforzo en busca da vitoria.