RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Volta a casa, e a correr polos montes da Zapateira

A concentración en Carballo tocara ao seu fin e os deportivistas xa estaban de volta na cidade, na que reinaba unha gran expectación futbolística por mor da celebración do Teresa Herrera, no cal non participaba o Real Club coruñés. Á volta de Carballo pri

O xoves, partido en Laracha ante unha selección deste municipio
Os DEPORTIVISTAS ADÉSTRANSE HOXE NA ZAPATEIRA E VILABOA

Xa están de volta na Coruña os deportivistas, que estiveron concentrados en Carballo por espazo de once días e tras enfrontarse ao Bergantiños o domingo. Foi o mesmo domingo de noite, despois do encontro no campo municipal carballés, cando retornaron ás súas lareiras os branquiazuis.

Onte houbo descanso xeral, o que aproveitaron algúns para pasar pola enfermaría, e hoxe volta de novo á actividade para seguir co programa de traballo da pretemporada. Para empezar, unha dura sesión física pola mañá, centrada nos montes da Zapateira, ao redor das instalacións do Casino Sport Club, onde José Ángel Franganillo someterá ao persoal a toda clase de exercicios ao aire libre, con footing, circuítos de potencia e resistencia, etc.

Pola tarde, e debido a que non se pode utilizar o campo grande de Riazor, xa a punto para o ?Teresa Herrera?, Arsenio levará aos seus homes ao campo do Olímpico de Rutis, en Vilaboa, onde iniciará os seus plans de preparación con vistas ao próximo compromiso medianamente serio que ten á vista. Está sinalado para o xoves en Laracha, ao redor do sete da tarde, fronte a unha selección de xogadores de equipos daquel municipio. (...)

-Vista Alegre ou Bergantiños.

Os deportivistas é posible que teñan que enfrontarse novamente ao Bergantiños nas semifinais de Cópaa Deputación que está en marcha, posto que está emparellado co vencedor da eliminatoria que disputarán o xoves o Vista Alegre de Santiago e o equipo de Carballo. Esta semifinal disputarase o próximo día 15, do mesmo xeito que a que resulte das eliminatorias entre o Rácing-Compostela e Endesa-Boiro.