RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Volta en autocar e novo adestramento mañá luns en Abegondo para o Dépor ABANCA

Concluído o encontro en Cáceres, As Nosas emprenden viaxe de regreso por estrada á Coruña.

Irene Ferreras citou de novo ás súas futbolistas mañá luns 22 de maio ás 10:00 na Cidade Deportiva para unha sesión que será de recuperación para as titulares hoxe ante o CP Cacereño Femenino; e máis intensa para o resto.

O vindeiro sábado 27 de maio ás 12:00 (Youtube RC Deportivo), o Dépor ABANCA recibirá en Abegondo ao equipo estremeño no partido de volta da semifinal do playoff de ascenso a Primeira División.