O R.C. Deportivo abre o vindeiro luns o prazo para a inscrición
de voluntarios de face aos partidos que o equipo dispute en Riazor.
Os interesados en colaborar coa entidade deportivista terán que entregar nos locais da Mariña unha solicitude por carta con todos os datos persoais acompañada dunha fotografía tamaño carné. Terán preferencia os socios do Deportivo.