RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xa están á venda as entradas para o Dépor-Girona do 23 de outubro

As entradas para o partido da 9ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Girona FC xa están á venda.

O partido dispútase o luns 23 de outubro a partir das 21:00 horas. Os prezos das entradas de público oscilan entre os 30 euros da Tribuna Superior e os 15 euros de Pavillón Superior.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O sábado 21 de outubro poden adquirirse de 10:30 a 13:30 na OAD, mentres que o día do partido as entradas soamente estarán á venda nos despachos de billetes do Pazo dos Deportes de Riazor a partir das 11:00 horas.

As entradas de público tamén poden comprarse en liña aquí

Prezos das entradas de público para o Dépor-Girona (luns 23 de outubro, 21:00 horas):