RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Xa podes ver o SuperDépor-EuroCelta na canle de Youtube do Dépor

  Os afeccionados deportivistas xa poden gozar dun partido único, o que enfrentó ao SuperDépor con o EuroCelta na disputa do XVIII Trofeo Vitoria 'Memorial Moncho Rivera', cuxa retransmisión íntegra

Djalminha, Naybet, Jorge Andrade, Diego Tristán, Pandiani, Manjarín, Turu Flores, Capdevila, Donato, Marchena, Songo'ou... O reencontro das lendas deportivistas sobre o terreo de xogo deixou imaxes inesquecibles e un partido para a historia, que desde hoxe xa son patrimonio do deportivismo.
 
 
O material audiovisual xerado polo partido dividiuse en catro pezas: previo (coa chegada dos xogadores ao Estadio de Riazor e o quecemento), primeira parte, segunda parte e declaracións postpartido, nas que Capdevila, Manjarín, Turu Flores, Giovanella, Vicente Celeiro e Xullo Salinas deixan as súas impresións sobre unha xornada indeleble.