RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

XII Juan Acuña: Deportivo- Udinese

O Deportivo da Coruña e o Udinese disputan este martes (20:00 horas) en Riazor o trofeo instituido polo club coruñés en homenaxe ao seu mítico gardameta. O encontro dispútase cando o Deportivo apenas tivo tempo de celebrar o Teresa Herrera conseguido o sá

O Deportivo adestrou este luns en dobre sesión en Acea de Ama tras o descanso dominical. O partido ante o conxunto italiano será unha nova proba dos de Irureta, que gañaron todos os partidos de pretemporada salvo un, no que empataron ante o Pontevedra.

A expedición que o técnico do Udinese, Roy Hodgson, traerá á Coruña está formada polos seguintes xogadores: Turci, Iniesta, Hostil, Gonzalo Martínez, Zamboni, Scarlato, Caballero, Helguera, Eslamiada, Paulo Alves, Jove Rubi, Pinzi, Gargo, Koldrup, Muzzi, De Sanctis, Basso, Bertotto, López D´Asero, Manfredini, Dei Michele, Pavón, Cristian Díaz, Almirón, Montezine, Cordeiro, D´Imporzano, Bedin, Esposito e Pittilino. O conxunto italiano chegará ao aeroporto de Lavacolla ás 11.35 horas e adestrarase no campo da Torre, ás 15:00 horas.

O partido será dirixido polo colexiado castelán-leonés Turienzo Álvarez. Cabe lembrar que na última edición do Juan Acuña quedou na Coruña tras a vitoria por 2 goles a 1 ante o Girondins de Bordeus.

Para este partido os socios non teñen que pagar, tan só teñen que exhibir o seu cartón anual 2001- 2002 ou o recibo mensual de agosto 2001.

Establecéronse prezos de público populares, sendo todas as infantís a 500 pesetas. As localidades de Tribuna son de 3.000 pesetas; Preferencia Superior 2.500, inferior 1000; marathon superioro 2.000, marathon e pavillón inferior 1000 e pavillón superior 1500. O martes pódense adquirir nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, desde as 10.30 horas, as entradas soltas.