Xisco compareceu na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O
dianteiro deportivista tivo palabras de agarimo cara a Javier Irureta, "ao que
sempre lembrarei porque me fixo debutar en Primeira División", e, ao mesmo tempo,
confesou que "Caparrós nos met
Por outra banda, Pablo Amo desvelou que Joaquín Caparrós "me dixo onte nunha
charla con el que o mellor para min era xogar cedido noutro club. A verdade
é que lle agradezo a franqueza que tivo comigo. Chapeau para o míster, e
oxalá que fosen tan francos comigo cando cheguei, fai tres anos". O
central madrileño asegurou no entanto "ser feliz no Dépor pero son
profesional e o que máis desexo é xogar".