O capitán do Deportivo, Fran, asistiu este xoves en San Caetano (Santiago de Compostela) á presentación da camiseta que o combinado Deportivo - Celta lucirá no encontro solidario Xuntos con Galicia que se disputará o próximo 15 de abril, ás 21 horas, no S
A saída de ambos os equipos cara a Madrid será conxunta, o mesmo día do partido, desde o aeroporto de Lavacolla. En Madrid, o hotel de aloxamento será o Hesperia. O regreso será ao día seguinte, á primeira hora, aos aeroportos da Coruña e Vigo respectivamente. O mesmo día do amigable polos damnificados do Prestige haberá unha rolda de prensa no Hotel Hesperia, ás 13:30 horas, dos adestradores e xogadores do tres clubs participantes no acto Xuntos con Galicia.
A Fundación ARAO abriu unha conta específica para o devandito partido en Caixa Galicia: 20910300483040140768. As entradas custarán 100, 60, 10, 6 e 3 euros e para a súa venda están xa habilitadas despachos de billetes no Estadio Santiago Bernabéu.