RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Xusto triunfo do Fabril en Abegondo ante o potente UD Somozas

O Fabril derrotou con xustiza (2-0) en Abegondo ao UD Somozas, un dos equipos que está entre os máis potentes do subgrupo A de Terceira División.

Os fabrilistas, que controlaron o xogo e gozaron das mellores oportunidades, adiantáronse grazas a un gol de Javi Sánchez no minuto 17. Boedo pechou o partido a falta de 15 minutos para o final.

Co resultado deste encontro correspondente á 12ª xornada, primeiro da segunda volta, o Fabril suma 21 puntos na terceira praza provisional da táboa.

Fabril: Alberto, Isra, Reinoso, David Suárez, Yuste, Kanouté, Villares, Sanmartín, Javi Sánchez, Juan Cambón e Rayco. Tamén xogaron: Boedo, Sarmiento, Pescador e Yeremay.

A próxima fin de semana, o Fabril visita ao UD Paiosaco H. Añón.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0
Fabril 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD Somozas 0