RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Zas prepárase para acoller un DéporCampus Cabreiroá por oitavo verán consecutivo

O Concello de Zas acolleu o pasado martes 11 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que se celebrará na localidade de Baio. Será a oitava edición consecutiva desta actividade da Fundación RC Deportivo, xa que se efectuou por primeira vez en 2017.

O acto contou coa participación de Manuel Muíño Espasandín, alcalde de Zas; Alejandro Vidal, responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación RC Deportivo.

A actividade levarase a cabo entre os días 29 de xullo e 2 de agosto, en horario de 10:00 a 14:00. O campo de fútbol Platas Reinoso, en Baio, será o escenario dun campus destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Zas e realizar o proceso de inscrición até as 14:00 do martes 23 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.