RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Zoran Stojadinovic non terá que pasar polo quirófano

Hai 12 anos era noticia no equipo herculino a tranquilidade e o acougo na enfermaría deportivista xa que Stoja non terá que pasar polo quirófano, así nolo confirmou o propio xefe dos servizos médicos do Deportivo: Barbeito Couceiro, quen ademais sinalou q

Algo máis de dez días vai estar lonxe da Coruña o Deportivo debido ao tres encontros que lle esperan en Murcia, Málaga e Elxe en datas próximas, tendo prevista a saída para o venres, día 18, á primeira hora da mañá e o regreso para o luns, día 28, a última hora da tarde, levando como delegado da expedición para o tres encontros ao directivo José Guillín Pérez.

Mentres tanto o persoal branquiazul está de cheo na preparación desta tripla confrontación a domicilio, e onte o traballo, eminentemente físico, con algo de "pachanga" celebrouse no campo da Torre, e hoxe é moi posible que Arsenio dispoña o habitual partidillo de entre semana ao emprender viaxe un día antes do normal.