Ante unha fin de semana infestada de partidos, dous equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron partido hoxe venres. Así, un combinado infantil clasificouse para os dezaseisavos de final da Ravenna Cup 2017 e o Infantil A está en cuartos de final do Trofeo Arnedo Ciudad del Calzado na Rioxa. Mañá sábado a quenda será para o Infantil B na Rhoton Cup 2017 en Redon (Francia).
Arrancan tamén a liga, en Arteixo o Deportivo ABANCA B (domingo 10); e lonxe de Abegondo o Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra), ambos mañá sábado 9 de setembro.
Finalmente, o Fabril recibe en Abegondo (domingo ás 19:00) ao Real Madrid Castilla na 4ª xornada de liga en Segunda División B e o Xuvenil A visita ao Real Oviedo mañá sábado 9 (14:00 horas), nun partido televisado en directo por Gol.
O calendario de partidos, cos resultados dos xogados hoxe venres, é o seguinte:
Segunda División B
FABRIL - REAL MADRID CASTILLA, o domingo 10 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación: ... 8. Racing de Ferrol, 5 puntos; 9. Real Madrid Castilla, Fuenlabrada e Fabril, 4 puntos; 12. Coruxo, 3 puntos...
Categoría feminina
Primeira División Feminina, 1ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ORZÁN, o domingo 10 de setembro ás 19:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 2ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o sábado 9 de setembro ás 14:00 en El Requexón (Oviedo)
Liga Nacional, 1ª xornada: BOIRO - XUVENIL B, o sábado 9 de setembro ás 17:00 en Vista Alegre (Boiro)
Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: VAL MIÑOR NIGRÁN - CADETE A, o sábado 9 de setembro ás 16:00 en Condomínguez (Nigrán)
Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: CADETE B 1 (Hugo Suárez) - XUVENTUDE DE OROSO 1
Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: INFANTIL A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Quique, Roque e Trigo) - IMPERÁTOR 0
Trofeo Arnedo Cidade do Calzado
Primeira Fase
Venres 8 de setembro
VILLARREAL 0 - INFANTIL A 0
INFANTIL A 0 - UNIÓ JABAC I TERRASSA 0
Sábado 9 de setembro
Cuartos de final
9:30: INFANTIL A - REAL ZARAGOZA
Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - INFANTIL B 3 (Dani, Luis e Héctor)
Rhoton Cup 2017 en Redon (Francia)
Primeira Fase
Sábado 9 de setembro
10:40: INFANTIL B - GUINGAMP
12:20: STADE LAVALLOIS - INFANTIL B
14:20: ESTAC TROYES - INFANTIL B
16:00: INFANTIL B - VANNES
18:00: INFANTIL B - OGC NICE
Domingo 10 de setembro
10:20: INFANTIL B - RC STRASBOURG
12:00: FC LORIENT - INFANTIL B
Os dous primeiros clasificados acceden ás semifinais, que se xogan xa a continuación.
Ravenna Cup 2017, en Classe (vía Ravenna nº 120)
Primeira Fase
Mércores 6 de setembro
ALTINORDU 1 - INFANTIL 1 (Carlos)
Xoves 7 de setembro
INFANTIL 2 (Sierra e David Carreira) - FORLÌ FC 0
INFANTIL 1 (Barral) - RHODENSE 0
Venres 8 de setembro
SAN GIORGIO 1926 0 - INFANTIL 3 (Domínguez -2- e Estévez)
INFANTIL 0 - JUVENTUS 0
Sábado 9 de setembro
Dezaseisavos de final
11:00: TORINO - INFANTIL