RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B recupera o sorriso á conta do Ourense

Tras a inesperada derrota da primeira xornada en Boiro, o Xuvenil B recuperou o sorriso cun partido completo ante o Ourense (8-0) en Abegondo. Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este folgado resultado, o Xuvenil B queda no medio da táboa da liga Nacional, con 3 puntos de 6 posibles.

Xuvenil B: Antón, Litos, Pedro, Álvaro, Pablo, Barbeito, Julián, Jorge, Rojo, César e Pichu. Tamén xogaron: Iván, Losada, Ernesto, Kilian e Paulo.

O próximo fin de semana, o Xuvenil B visita ao Racing de Ferrol.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Pablo López son os seguintes.

Boiro 3 - Xuvenil B 2 (César e Rojo)
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César) - Ourense 0